top of page

Senlleiras

  • Foto del escritor: Lucía Sobrado
    Lucía Sobrado
  • 18 ene 2021
  • 3 Min. de lectura

Actualizado: 19 dic 2021

Ola a todos! No día de hoxe gustaríame falar dun libro moi especial, Senlleiras de Antía Yañez.


Senlleiro/a:
Sen compañía.
Sen igual, que non ten comparación. Único/a.

Sen lugar a dúbidas, trátase dunha novela que trata un tema moi polémico e en auxe, o feminismo. Sen embargo, non se presenta a modo teórico ou explícito, nin sequera se menciona a palabra feminista, senón que somos nós, os lectores, os invitados a pensar e razoar a través do contido e a dura realidade que describe.


A particularidade desta novela é que, de forma paralela, nárranse dúas historias en tempos diferentes. Nunha delas, a protagonista é Alana, unha nena que medra nunha aldea durante a época da preguerra e a outra, sobre unha influencer da actualidade, ambas víctimas da violencia machista por parte dos seus cónxugues. O que isto quere reflexar é que, a pesar de ter avanzado moito, as cousas, realmente non cambiaron tanto, xa que segue habendo moitísimos casos de violencia machista, violacións, asasinatos e costumes ou pensamentos sexistas. De feito, na novela aparecen xornais de cada época, para que poidamos observar a pouca diferenza que hai.


Ademais, na novela hai personaxes masculinos que demostran que non todos son iguais. Ao seren persoas, uns son bos e outros maos. Ás veces, criminalízanse a tódolos homes, é iso non é igualdade, nen feminismo.


A sinopse do libro di o seguinte:


A novela das mulleres que rachan co silencio.

Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.

A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.

Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.


A autora, a burelá Antía Yañez, é enxeñeira de Camiños, aínda que nunca exerceu a profesión. Entre os premios outorgados á súa obra atópanse o Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria" 2013, de Moaña, o Premio de Relatos Curtos “Os Viadutos” 2014, de Redondela, o Certame Literario de Poesía e Narración Breve de Cambre (2016) e o Premio de Narrativa Illa Nova 2018 con Senlleiras.


Actualmente compaxina a escrita coa xestión dunha academia en Cecebre (Cambre), onde imparte obradoiros de escritura para rapazas e rapaces. O misterio de Portomarín é a súa primeira novela.


Recomendo este libro a todo aquel que teña interés nos temas realistas e sociais que atinxen á nosa sociedade hoxe en día. Aquel ao que lle guste pensar e queira aprender sobre mulleres senlleiras.


Despídome cuns pequenos fragmentos (moi impactantes):


Quen te vai querer máis cá min? Non digas parvadas. Se non te quero eu, ninguén te vai querer. Só eu que son parvo.

Bernabé coidou que a súa esposa non poñía interese nos deberes maritais e decidiu que tiña que facerlle entender quen era o que mandaba naquela casa. Ao final, Alana non acudiu ao teatro; había cousas que nin os pos de arroz borraban.

A miña reflexión tras ler o libro é que hai moitas mulleres que entran nas estadísticas de víctimas por violencia machista e que son esquecidas anos depois. O caso de Alana é real, unha historia conmovedora que merece ser lembrada, así como todas as demais. Só espero que algún día os números baixen e queden para o recordo.


Espero que vos animara a lelo

Con agarimo,

Lucía Sobrado Louzao



Ficha técnica


Título: Senlleiras

Autora: Antía Yañez

Nº páxinas : 356

Temática: narrativa feminista




















































 
 
 

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


Post: Blog2_Post
bottom of page