O NARANXO NO TRASMUNDO
- Lucía Sobrado
- 30 ago 2021
- 2 Min. de lectura
Ola a todos e todas! Que tal o verán? Espero que ben, a pesar desta horrorosa situación que estamos a pasar. Neste tempo que temos de lecer, hai que aproveitar para ler e desfrutar, pola mesma razón, hoxe tráiovos unha reseña dun libro moi peculiar, O Naranxo no Trasmundo de Inma Vilariño.
Para entender un pouco mellor como se desenvolve a trama, é de relevante importancia coñecer primeiro ao Naranxo, un perxonaxe dezao da literatura galega dos séculos XIX e XX. Este vai contándonos relatos da época, (corenta e cinco en total) mesturando así o mundo real e fantástico. Relatos do pobo e cunha gran presenza histórica, xa que vense representadas persoas como Emilia Pardo Bazán, Varela Buxán, De Valenzuela, Laxeiro e moitos máis. Este último, é un pintor lalinense, cuxas pinturas están moi presentes en todo o libro, e é el o que lle pon cara ao Naranxo.
A sinopse di o seguinte:
O Naranxo tiña trillones de pesetas, todos os que el quixer. O diñeiro saía do aire, ou da pura imaxinación: se cadra do mesmo lugar de onde veñen, no noso mundo, os cartos. Se o Naranxo vivise hoxe, faría unha performance crítica sobre as trampas da globalización e as burbuxas financieiras, cheias de diñeiro etéreo.
Grazas Inma, por achegar a todos nós estes relatos cheos de historia, de misterios, de cultura e de Galicia. Seguramente se non fose pola escritora lalinense Inma Vilariño, moi probablemente non chegarían aos nosos oídos.
Como xa sabedes, sempre destaco algún fragmento:
Agora, como me sae dos adentros, que para iso son o Naranxo, o Rei do Mundo que habita feliz Breogán, pecho a función cunha recomendación: vivide a vida porque é unha mostra irrepetible que nos ensina que só se pode aprender vivindo!
Naranxo despídenos cunha gran lección de vida: a vida pasa voando e hai que saber aproveitala. Esta idea tamén a podemos atopar no poema de Jaime Gil de Biedma, No volveré a ser joven ou en tópicos literarios como Carpe Diem ou Tempus Fugit.
Moitas grazas Naranxo, por ensinarme tanto do teu mundo e do meu ❤️

Espero que vos gustara
Con agarimo,
Lucía
Contáctame por:
@diarystudent_
- Correo
(Desde "CONTACT" puedes acceder directamente).
Comments