Alma Rosé
- Lucía Sobrado
- 11 abr 2021
- 3 Min. de lectura

NOME E APELIDOS: Alma Rosé
DATA DE NACEMENTO E MORTE: 03/11/1906 (Viena, Austria) - 5/04/1944 (Auschwitz, Polonia)
MOTIVO DA ESTANCIA: xudea
DATOS BIOGRÁFICOS E PRINCIPAIS ASPECTOS DA SÚA VIDA:
Moi probablemente non vos soe Alma Rosé, pero seguro que o seu tío, Gustav Mahler, sí, dado que foi un compositor de moita relevancia a nivel musical (ademais de que ao ser home, dábaselle moito máis recoñecemento ao seu talento). Alma Rosé foi unha violinista, filla doutro moi famoso, Arnold Rosé, quen tamén estivo ao cargo da Orquesta Filharmónica de Viena, a Ópera Estatal de Viena e o trascendente Cuarteto de Corda Rosé.
Alma tivo unha exitosa carreira musical, destacou como concertista e fundou a orquesta feminina “As valsistas de Viena”, que brindou numerosos concertos por todo Europa entre 1934 e 1938, como símbolo de protesta contra as políticas do réxime nazi.

AS VALSISTAS DE VIENA
Alma sempre se dedicou a música, e en 1930 casouse co virtuoso violinista checo, Vása Prihoda, do que se separou en 1935.
En 1938, viuse obrigada a fuxir a Londres co seu pai, seguiu dando concertos, aínda que en cada un, a súa vida víase en perigo. Converteuse ao Cristianismo e organizou un matrimonio ficticio para poder salvarse. Sen embargo, foi detida pola Xestapo a finais de 1942 e trasladada ao campo de Drancy e posteriormente a Auschwitz-Birkenau. Á súa chegada a Auschwitz, foi enviada á barraca de experimentación médica. Sen embargo, para a celebración do cumpleanos dun VIP, solicitouse unha violinista e os gardiáns quedaron tan impresionados co seu virtuosismo que foi trasladada a Birkenau.
A música salvouna en varias ocasións, pois chamou especialmente a atención dunha das gardiás , María Mandel, quen lle deixou dirixir a orquestra feminina do campo de concentración, constituída por unha sección de corda, acordeóns e mandolina. Encargábanse de tocar na porta para despedir e recibir aos grupos e ademais, para dar concertos os findes de semana e en eventos.

ORQUESTRA DE AUSCHWITZ
Tocar volveuse na súa necesidade para seguir con vida e non perder a cordura. Polo mesmo motivo, tivo algúns privilexios como unha habitación individual, comida en condicións, roupa, asistencia médica e estaba exenta de realizar traballos forzados. Lamentablemente, enfermou e morreu dous días despois, aínda que non se sabe con certeza a razón, puido ser por intoxicación, infección ou envenenamento. Isto puido deberse aos celos que provocaba na orquesta, xa que abusaba do seu poder e facíaos tocar durante largas xornadas, tal e como describiu a pianista Fania Fénelon no seu libro autobiográfico “Playing for time”(que deixei máis abaixo, por se é do voso interese). Aínda que complacer aos nazis, tamén significaba manterse con vida, polo que Alma foi tan esixente para salvalos. Ao morrer, fíxoselle un funeral, o cal era moi pouco habitual.
Dende logo, a razón pola cal a escollín é bastante obvia, pareceume interesante falar dunha muller e máis aínda, dunha violinista.

Con qué sentimento vos quedades? 🤯
A música, aínda que pasen os anos segue ahí, forma parte da historia, Alma Rosé foi unha das millóns de vítimas do nazismo, pero a súa música, marcada pola barbarie, perdurará no tempo.
Espero que vos interesara! 😃😃
Para máis información, vou deixar enlaces de interese, onde inclúo foros, enciclopedias web, artículos, libros e máis recursos:
- Páxina web biográfica
- Foro Barcelona Clásica
- Artículos de periódico
- Libros: unha biografía (1) e unha autobiografía (2) xa mencionada, Playing for time
Fénelon, F., 1979. The Musicians of Auschwitz, London: Sphere.
Gilbert, S., 2005. Music in the Holocaust: Confronting Life in the Nazi Ghettos and Camps, Oxford: Oxford University Press.
John, E., 1991. Musik und Konzentrationslager: Eine Annäherung. Archiv für Musikwissenschaft, 48, 1-36.
Knapp, G., 1996. Das Frauenorchester in Auschwitz, Hamburg: von Bockel.
Kuna, M., 1993. Musik an der Grenze des Lebens: Musikerinnen und Musiker aus Böhmischen Ländern in Nationalsozialistischen Konzentrationslagern und Gefängnissen, Frankfurt/M.: Zweitausendeins.
Programa de radio
Ademais destacar que tódalas fotos empregadas son da Mahler Foundation.
Vou deixar dous videos, unha charla TEDxYouth de Rocío Cabello, onde fala de como empregaron os nazis a música de forma estratéxica e cal foi a situación á que se enfrentaban os prisioneiros e o papel que tiveron as orquestas nos campos de concentración e o outro trátase de Arnold e Alma Rosé tocando en 1928 un dos dobres concertos para violín máis famosos da historia, o Dobre Concerto en Re menor de Johann Sebastian Bach. A pesar da antigüedade da grabación, está dispoñible en Spotify!!!
(No min 2:38 é cando empeza a falar) 👇🏼
Con agarimo,
Lucía
Comments